Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Por acordo da comisión de Goberno do 9 de febreiro de 1998, aprobouse inicialmente o estudio de detalle da unidade de xestión nº 17 do Plan xeral (igresa de Vidán), promovido pola sociedade Graíñas, S.L.

No citado estudio de detalle contense a delimitación do correspondente polígono ou unidade de actuación, propoñéndose como sistema de actuación o de compensación.

O ámbito da actuación é o comprendido entre os seguintes lindes:

Leste: avenida Mestra Victoria Míguez (casa nº 42 e terreos limítrofes).

Norte: nave da ferraxería Hijos de C. Villaverde, e campo da igresa do Divino Salvador de Vidán.

Sur: nave de gasosas Espiña, S.L.

Oeste: palco da música, sito no parque infantil de Vidán.

Referencia catastral: polígono 173, parcelas 320 a 331.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

3713