Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación. Poxa con procedemento aberto.

1. O Concello de Muros convoca licitación pública para a adxudicación mediante poxa por procedemento aberto dos seguintes contratos de obras cos orzamentos de execución por contrata que se sinalan:

a) Travesía Rúa do Cabo/Camiño da Igresa: 7.500.000 ptas.

b) Área de lecer do Ancoradorio: 6.000.000 de ptas.

2. O prazo de execución das citadas obras é de catro meses e a data que se prevé para a súa iniciación é a do 1 de xullo e do 1 de setembro de 1988, respectivamente.

3. Os proxectos e pregos de condicións están ó dispor dos interesados nas oficinas da Casa do Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros (A Coruña).

4. A garantía provisoria é de 150.000 ptas. e 120.000 ptas. respectivamente. Ás empresas que estean clasificadas non se lles esixe.

5. Non se esixe clasificación.

6. O prazo de presentación de proposicións é de trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14.30 horas e o lugar de presentación é o rexistro xeral do Concello de Muros.

7. O modelo de proposición e a documentación esixida figuran recollidos no prego de condicións.

8. A apertura das ofertas terá lugar na Casa do Concello de Muros ás 13 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Muros, 6 de abril de 1998.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde

3691