Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de gasificación do noroeste: rede de Ferrol, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 20 de marzo de 1998.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión con data do 20 de marzo de 1998, declara-lo proxecto de gasificación do noroeste: rede de Ferrol, promovido pola empresa Enagás, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da devandita lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto de gasificación do noroeste: rede de Ferrol, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 20 de marzo de 1998, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do citado prazo dun mes para examina-lo citado proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria e a Delegación Provincial da Coruña, e presentar perante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3696