Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto e polo trámite de urxencia, do servicio consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, na 21ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia (Silleda).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso aberto e polo trámite de urxencia.

Obxecto: contratación do servicio consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, na 21ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia (Silleda), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para el.

Orzamento de licitación: catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 ptas.).

Garantía provisional: noventa mil pesetas (90.000 ptas.).

Garantía definitiva: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: o stand totalmente instalado e en condicións de empezar a cumpri-las súas funcións será entregado antes das 18 horas do día 26 de maio de 1998.

O conxunto dos traballos de instalación, montaxe, mantemento e desmontaxe deberán estar totalmente finalizados o día 1 de xuño de 1998.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Promoción Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 11 de maio de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 14 de maio de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

P. D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,

do 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

3702