Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/59-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Feilas.

Situación: Vilardevós e Riós.

Descricións técnicas: 2 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56. (1ª) de 3.557 m de lonxitude, con orixe en apoio existente da L.M.T. proxectada a Trepa e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, 20.000/380-220 V, de Feilás. (2ª) de 569 m de lonxitude, con orixe en apoio número 9 da L.M.T. ó C.T. Feilás e remate no C.T. existente de Fumaces. R.B.T. aérea do C.T. Feilás.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3593