Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/58-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outeiro, Campo, Fechas, Fondo.

Situación: A Bola.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 103 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio número 12 da L.M.T. a Sorga e remate no C.T. con 100 kVA, 20.000/380-220 V de Pazo. RB.T. aérea del C.T. aéreo de Pazo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3230