Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998 pola que se convocan varios cursos de linguaxe administrativa.

En execución do plan de actividades de formación da EGAP para 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, e cubrir tódolos epígrafes. Só se poderá solicitar un curso e nunha soa localidade.

As solicitudes, xunto coa documentación que proceda, enviaranse á EGAP, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias remata o día 15 de maio de 1998 para a primeira edición e o día 16 de setembro para a segunda edición dos cursos, se é caso.

Terceira.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

A lista dos seleccionados publicarase nos taboleiros de anuncios da EGAP, do Centro de Información Administrativa e Atención o Cidadán e no da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública que corresponda.

Cuarta.-Asistencia, probas e certificacións.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia á clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición da certificación a que se refire o parágrafo seguinte.

Só se outorgará un certificado de aproveitamento ós alumnos asistentes que superen as probas que determine a EGAP de acordo co profesorado.

Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitar unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Quinta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir. Tamén se reserva a facultade de anular

un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: linguaxe administrativa para o persoal dos grupos A e B (6 cursos).

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo o estudio e a aprendizaxe da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

2. Destinatarios: o curso vai dirixido ó persoal de administración dos grupos A e B ou asimilados da Xunta de Galicia, Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que estea en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentando o orixinal ou copia compulsada deste certificado. Absteranse de solicitalo as persoas que xa teñan outro certificado de asistencia ou aproveitamento doutro curso de linguaxe xurídica ou administrativa.

3. Selección: para a selección dos participantes teranse en conta os criterios contidos na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 36 horas.

4.2. Localidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

4.3. Datas: 25-28 de maio, 8-11, 22-25 de xuño de 1998.

4.4. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.5. Prazas: 25 por curso.

5. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

Curso: linguaxe administrativa para o persoal dos grupos C, D e E (12 cursos).

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo o estudio e a aprendizaxe da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

2. Destinatarios: o curso vai dirixido ó persoal de administración dos grupos C, D, E ou asimilados da Xunta de Galicia, Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que estea en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentando o orixinal ou copia compulsada deste certificado.

3. Selección: para a selección dos participantes teranse en conta os criterios contidos na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Prazas: 30 por curso.

4.4. Localidades, grupos, datas:

LocalidadesGruposDatas

A CoruñaC,D,E

C,D,E

1-4, 15-18, 29-30 de xuño

14-15, 19-22, 26-29 de outubro

LugoC,D,E

C,D,E

1-4, 15-18, 29-30 de xuño

14-15, 19-22, 26-29 de outubro

OurenseC,D,E

C,D,E

1-4, 15-18, 29-30 de xuño

14-15, 19-22, 26-29 de outubro

PontevedraC,D,E

C,D,E

1-4, 15-18, 29-30 de xuño

14-15, 19-22, 26-29 de outubro

LocalidadesGruposDatas

Santiago de

Compostela

C,D,E

C,D,E

1-4, 15-18, 29-30 de xuño

14-15, 19-22, 26-29 de outubro

VigoC,D,E

C,D,E

1-4, 15-18, 29-30 de xuño

14-15, 19-22, 26-29 de outubro

5. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

3712