Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do plan de actividades da EGAP para o ano 1998, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declara-la Real Academia Galega o Días das Letras Galegas de 1998 dedicado a Martín Codax, Mendinho e Johan de Cangas, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe destes personaxes, organizando unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural á ría de Vigo.

2. Destinatarios.

Na mesa redonda poderá participa-lo persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ó servicio de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas); no caso de presentarse máis solicitudes ca prazas terá preferencia o persoal da Xunta. A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

3.1. Mesa redonda:

Data: 12 de maio.

Hora: das 13 h ás 14.30 h.

Lugar: EGAP.

3.1. Viaxe cultural á ría de Vigo.

Data: 16 de maio.

Para coñece-lo desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, contactar co Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. Teléfono: (981) 54 62 49.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria, irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4. 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: (981) 54 63 37.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 9.30 h do día 12 de maio.

5. Publicación e notificación da selección: a partir do 12 de maio os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por teléfono á EGAP en días laborales das 12 ás 14 h ó número (981) 54 62 49 ou ben consultando a lista de selec

cionados que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

3745