Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.431

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 31 de marzo de 1998 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro dos intercambios bilaterais do programa Campaña Verán-98 de ámbito nacional.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa de fomento da actividade xuvenil; entre os seus obxectivos figura a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polos que a xuventude poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, ó igual que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-98.

A oferta da Campaña Verán-98 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España.

A Dirección Xeral de Xuventude pretende desta forma potencia-los intercambios de mozos a través da realización de diversas actividades relacionadas co lecer e o tempo libre, todas elas organizadas fóra de Galicia, co fin de enriquece-la cultura da mocidade, fomentando a convivencia con mozos doutras comunidades autónomas.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlles ós mozos a participación en actividades de tempo libre organizadas fóra de Galicia, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I da presente orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral desenvolveranse nas comunidades autónomas de España en quendas de quince días durante os meses de xullo e agosto.

Nos servicios de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, nas oficinas TIVE-Galicia e nas oficinas de información administrativa e atención ó cidadán, os mozos poden solicitar folletos informativos da convocatoria da presente campaña, onde se detalla unha información ampla sobre a organización de cada actividade, data, lugar de celebración e características de cada unha.

Artigo 2º

A Dirección Xeral de Xuventude organiza e coordina tódalas actividades motivo da presente con

vocatoria a través da Oficina de Turismo e Intercambios de Mozos e Estudiantes de Galicia (TIVE-Galicia).

Artigo 3º.- Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán-98 supón a inscrición individual e permítelle á xuventude dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de aire libre e natureza, rutas turístico-culturais, recreativas, obradoiros, etc., que posibiliten a participación dos mozos/as e a convivencia con mozos/as doutras comunidades autónomas.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación socio cultural e actividades de tempo libre.

6. O transporte ata onde se vai desenvolve-la actividade.

7. Seguro de accidentes.

Artigo 4º.- Participantes.

Poden solicita-la súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas no rango de idades que se especifica para cada actividade no anexo I. Para estes efectos, as idades mínimas entenderanse cumpridas durante o ano 1998, agás naqueles casos en que a idade mínima son os 18 anos, en que se entenderán cumpridos antes do comezo da actividade.

En relación ó tope máximo de idade establecido para cada actividade, os solicitantes nos que a súa idade coincida coa establecida como idade máxima para participar na actividade solicitada, deberán tela o 1-7-1998 para aquelas que se desenvolvan en xullo e 1-8-1998 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 5º.- Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de tres quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Así mesmo, admitiranse aquelas solicitudes que se reciban a través dos seguintes medios:

- A través da rede Internet na páxina con enderezo (u.r.l.) http://www.xunta.es/adm/campalbe.htm.

O interesado será responsable da seguridade dos datos incluídos na solicitude mentres non se almacenen na base de datos da Xunta de Galicia.

- Ou ben por fax ós números indicados no anexo IV desta orde. Neste caso, na instancia farase figurar necesariamente un número de teléfono ó que poder chamar no suposto de que houbese que emendar erros na solicitude ou na súa recepción.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do día 20 de maio no teléfono xove (902) 15.25.35.

Artigo 6º.- Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e rematará o día 15 de maio de 1998.

Artigo 7º.- Adxudicación de prazas.

A adxudicación de prazas realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere a oferta de prazas.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 26 de maio de 1998 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Santiago de Compostela.

O resultado do sorteo farase público, confeccionando a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 28 de maio na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais, e no Centro de Información Administrativa e Atención o Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 8º.- Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Dirección Xeral de Xuventude ou nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificación de pagamento.

-Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de ser apto para participar na actividade.

En caso contrario decaerá a adxudicación realizada e pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 9º desta orde.

Artigo 9º.- Adxudicación das prazas de resultas.

1. As vacantes que se produzan, xa sexa por renuncia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 8º desta orde en prazo, adxudicaranse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, no período comprendido do día 12 ó 16 de xuño poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes que se produzan poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade a que fai mención o artigo 4º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, das oficinas TIVE-Galicia ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Unha mesma persoa non poderá reservar máis dunha praza. A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9 a 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 8º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo, non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos, os teléfonos e fax das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 10º.-Prezos

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO IV

-Dirección Xeral de Xuventude:

Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, 1º, 15771 Santiago de Compostela.

Teléfono: 54 48 67

Fax: 54 58 43.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.

Enderezo: Avda. do Exército, 2-1º, 15006 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50

Fax: 18 57 02.

-Servicio de Xuventude da Coruña.

Enderezo: rúa Durán Loriga, 9, 15003 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50.

Fax: 22 13 36.

-Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Enderezo: Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfono: 29 43 52.

Fax: 29 43 39.

-Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Enderezo: rúa Camiño Vello, Prado Lonia, s/n, 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 20.

Fax: 38 60 87.

-Servicio de Xuventude Ourense.

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo, 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 20.

Fax: 38 61 19.

-Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. Servicio de Xuventude.

Enderezo: rúa María Berdiales, 20, 36203 Vigo.

Teléfono: 81 70 78.

Fax: 81 70 82.

-Oficina TIVE da Coruña.

Enderezo: rúa Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña.

Teléfono: 21 40 54.

-Oficina TIVE de Santiago de Compostela.

Enderezo: Praza do Matadoiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Teléfono: 58 39 00.

Fax: 57 24 26.

-Oficina TIVE de Ferrol.

Enderezo: rúa Magdalena, 123-1º, 15402 Ferrol.

Teléfono: 35 03 00

-Oficina TIVE de Lugo.

Enderezo: Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfono: 29 43 38

-Oficina TIVE de Ourense.

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo, 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 18.

-Oficina TIVE de Pontevedra.

Enderezo: Benito Corbal, 47-2º, 36001 Pontevedra.

Teléfono: 80 55 32.

Fax: 80 55 54

-Oficina TIVE de Vigo.

Enderezo: rúa María Berdiales, 20 entreplanta, 36203 Vigo.

Teléfono: 81 70 79

3588