Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-183/97 e 263/97 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 26 de marzo de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

P-183/97Jesús García Cortegoso

Loureiro Crespo, 48-1º D

Pontevedra

Pescar cinco troitas de tamaño inferior ó regulamentario (15,5; 15,16; 13,5 e 18 cm). Feitos acontecidos ás 13.45 horas do día 26 de maio de 1997, no río San Vicente, concello de Ponte-Caldelas.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e indemnización de 7.000 ptas.

P-263/97Agustín Pazos Martínez

Travesía de Vigo, 94-2º

Vigo

Pescar carecendo de licencia en época de veda, sendo sorprendido co cebo dentro da auga. Feitos acontencidos ás 18.45 horas do día 7-10-1997, no río Verdugo, no concello de Soutomaior.Art. 34.1º e no 34.8º da Lei de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial55.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

3161