Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-24/97 e once máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596, do Banco Pastor

(0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do

pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 26 de marzo de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo

coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

P-24/97Ángel M. Ribadulla Suárez

Calvo Sotelo, 22-2º A

Redondela

Pescar lamprea desde a estacada nº 12 sen levar consigo nin a licencia de pesca, nin a autorización para ese tipo de pesca o día 11 de febreiro de 1997, no río Tea.Art. 33.1º e 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial10.000 ptas.

P-52/97Jesús Villar Pereira

Doutor Corbal, 19

Vigo

Non respectar dimensións mínimas das especies ó capturar unha troita de 11,5 cm (cando a dimensión mínima autorizada é de 19 cm) e non devolvela ó río o día 23 de marzo de 1997, no río Verdugo.Art. 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e unha indemnización de 1.000 ptas.

P-63/97Tomás Blanco Gómez

Nantes, 2

Sanxenxo

Pescar nun tramo de río vedado e sen te-la licencia de pesca, sendo sorprendido coa cana na man e o cebo dentro da auga o día 27 de marzo de 1997, no río Umia.Art. 34.1º.6 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial55.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-66/97Emilio Sobrado Ramos

Telleiro, 4

Tui

Pescar sen licencia, negándose a entrega-la cana para o seu comiso cando os axentes lla requiriron o día 26 de marzo de 1997, no río Arnego.Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial55.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-69/97José García Carrera

Xinzo-O Viso

Ponteareas

Dedicarse á pesca da lamprea á man, carecendo da licencia, e axudado por luz artificial o día 19 de marzo de 1998, no río Tea.Art. 34.1º.9.11 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial75.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-70/97Manuel Fernández Rodríguez

Moscadeira, 9

Ponteareas

Dedicarse á pesca da lamprea á man, carecendo da licencia correspondente, e axudado por luz artificial, sendo observado durante 3/4 de hora dirixindo as luces das súas lanternas cara á auga e esculcando ó fondo o día 19 de marzo de 1997, no río Tea.Art. 34.1º.9.11 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial75.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-87/97Jesús García Cortegoso

Rúa Loureiro Crespo, 48-1º D

Pontevedra

Non respecta-las medidas mínimas na pesca da troita (4 exemplares de entre 16 a 17 cm) sen devolvelas ó río o día 6 de abril de 1997, no río San Vicente.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e unha indemnización de 12.000 ptas.

P-101/97Manuel Estévez Fontes

Bouza, 9

Portas

Pescar nunha zona acoutada sen permiso e antes do inicio da tempada hábil (vedado ata o 1º de maio) ó lado dun sinal indicativo da dita condición, levando a súa cana na man e o cebo dentro da auga o día 20 de abril de 1997, no río Umia.Art. 34.10º e Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial55.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-102/97Rubén Figueiras Rodríguez

Currás

Portas

Pescar nunha zona acoutada sen permiso e antes do inicio da temporada hábil (vedado ata o 1º de maio) ó lado dun sinal indicativo da dita condición, levando a súa cana na man e o cebo dentro da auga do día 20 de abril de 1997, no río Umia.Art. 34.10º e Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial55.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-111/97José L. Rodríguez Castro

Fornelos Gollende, 1

Salvaterra de Miño

Tenza de artes ilegais fisga de 6 dentes, á beira do río, escondida na súa moto, manifestando ós axentes que a levaba por se vía algunha lamprea o día 14 de abril de 1997, no río Tea.Art. 34.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial60.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-143/97Carlos Fernández Duarte

San Mamede, 5-Igrexa

Cuntis

Pescar en tramo vedado ata o 11 de maio, pola Orde do 17 de febreiro de 1997 o día 6 de maio de 1997, no río Umia.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000 ptas.

P-241/97Isaías González Suárez

Álvaro Cunqueiro, 30-5º A

Vigo

Pescar sen licencia 8 robalizas con medida inferior á permitida entre 15 e 18 cm e non devolvelas ás augas o día 27 de xullo de 1997, no río Miñor.Art. 34.1º e Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial52.000 ptas. e indemnización de 4.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

3077