Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/32-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío instalacción eléctrica de M.T. e B.T. r/Xoán XXIII e Curros Enríquez.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: 8 liñas subterráneas a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV. (1ª) de 240 m, con orixe no centro reparto torre e fin no rexistro proxectada na calzada número 8 A. (2ª) de 120 m, orixe no centro reparto torre e fin no rexistro proxectada na calzada número 8 A. (3ª) de 120 m, orixe en C.R. torre e fin en rexistro beirarrúa proxectada número 8 A. (4ª) de 120 m, orixe no C.R. torre e fin en rexistro calzada proxectada número 4. (5ª) de 10 m, orixe no C.R. torre e fin en rexistro beirarrúa número 6. (6ª) de 120 m, orixe no C.R. torre e fin no rexistro proxectada calzada número 8. (7ª) de 248 m, orixe no C.R. torre e fin no rexistro proxectada en beirarrúa número 18. (8ª) de 457 m, orixe no C.R. torre e fin no rexistro proxectada na calzada número 18. R.B.T.S. proxectada nas devanditas rúas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3210