Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación do bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A, 96/2-3 A.T.).

Instalación: L.M.T. a 20 kV, ó centro de transformación de Sequeiros, concello de Coles.

Entidade beneficiaria: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Data e hora de actas: 27 de abril de 1998 a partir das 11 horas.

Autorizada e declarada de utilidade pública a liña eléctrica de referencia por resolución desta delegación provincial do 30-10-1996, e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola imposición de servidume de paso polo Decreto 56/1998, do 12 de febreiro (DOG do 27-2-1998), a favor da entidade beneficiaria.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que contén a relación que se publicou no DOG do 11-4-1997, que se expón actualizada no taboleiro de edictos do Concello de Coles, ós que se lle practicará notificación particularizada, que, de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración, acompañado dun perito, presentarase nos predios, na data e hora indicadas no encabezamento, para a toma de datos e o levantamento das actas previas á ocupación. Nas ditas actas describiranse os bens obxecto da impo

sición de servidume e faranse consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Por medio da presente resolución convócase os ditos titulares interesados, que se poderán facer acompañar dos seus peritos e dun notario á súa custa.

Segundo establece o artigo 56 do Regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 16 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3698