Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/31-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío instalación eléctrica de M.T. e B.T. por aparcamento alameda.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: 6 liñas subterráneas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV de 52 m de lonxitude cada unha (números 01, 02, 03, 07, 08, 09), con orixe no rexistro de M.T. proxectado na alameda e designado por A-1 e remate no rexistro de M.T. proxectado na rúa e designado por A-3. L.M.T. subterránea existente de enlace entre C.T. Liceo e C.T. Burgas de 40 m de lonxitude. R.B.T.S. proxectada a quiosco de prensa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2924