Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/53-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de auto

rización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. parque empresarial.

Situación: Ponteceso.

Características técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e un conductor LA-56, de 608 m de lonxitude, cun orixe na liña Buño-Corme (expediente 31039), seguido dun tramo subterráneo, baixo tubo e cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 20 m de lonxitude no parque empresaria de Ponteceso e remata no C.T. que se instalará. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV no parque empresarial de Ponteceso. Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3134