Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/38-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Anel Norte Betanzos.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: instalación eléctrica denominada Anel Norte de Betanzos, constituída por liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 16 m de lonxitude, con orixe no C.S. estación e final na liña denominada Mariña (expediente 105/94), de 80 m de lonxitude, con orixe no C.S. estación e final na liña que alimenta o C.T. Serradoiro Mandeo (particular), de 10 m de lonxitude, con orixe no C.S. Magdalena e final na liña 1 Pedrido (expediente 27373), de 100 m de lonxitude, con orixe no C.S. Magdalena e final na liña Carral (expediente 27209), de 545 m de lonxitude, con orixe no C.S Magdalena e final no S.C. piscina, de 170 m de lonxitude, con orixe no C.T. piscina e final na liña teléfonica (expediente 31172), de 224 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con orixe no C.S. piscina e final no C.T. Riego (particular). Centro de seccionamento denominado estación, sito en estación

Betanzos. Centro de seccionamento de nominado Magdalena, sito en Magdalena. Betanzos. Centro de seccionamento denominado piscina, sito en Carregal. Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3135