Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/193-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. no lugar de Gas.

Situación: municipio de Betanzos (A Coruña).

Características técnicas: liña eléctrica aéra a 20 kV de 400 m de lonxitude, con conductor LA-56, con orixe no apoio número 20 da liña de media tensión Pedrido-Betanzos II. Centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA e R.B.T. de 655 m conductor R.Z. e apoios de formigón, no lugar de Gas (Betanzos), no seu percorrido polos termos municipais de Paderne e Betanzos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3136