Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/76-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. esquina rúa Rollo.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e dobre circuíto trifásico cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 65 cm de lonxitude, cun orixe na liña, 11 Pedrido, tramo escola García Naveira-Ambulatorio e remata no C.T. que se vai instalar na rúa Dr. Fariña esquina rúa Rollo. Centro de transformación no edificio de viviendas de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV na rúa Dr. Fariña. Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3133