Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de marzo de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo, en aval bancario D-112/88, para os efectos de expedición do duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo nº D-112/88, con data 28-7-1988, por importe de 740.080 ptas., constituído na caixa de depósitos desta delegación en aval bancario, garantido a Cotexsa-Comercial y Colocadora de Texsa, CIF: A-08.153.652 á disposición da Xunta de Galicia-Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, para responder do cumprimento das obras de reparación grupo de 40 de vivendas, en Vilamartín de Valdeorras.

Fianza definitiva: formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poidan atopar, para que os presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38 entreplanta.

Se, transcorrido o prazo de dous meses contados a partir da data da publicación do presente anuncio non se presentasen, procederase sen máis trámite á expedición dos duplicados o seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán ningún valor nin poderán producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 24 de marzo de 1998.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

3166