Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.239

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (162/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 162/1997 se segue xuízo de faltas sobre ameazas no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decido:

Sentencia, en Santiago de Compostela, vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 162/1997, seguidos por ameazas, sendo parte denunciante José Manuel Iglesias Boga, maior de idade; aparecendo como parte demandada Antonio Dacosta Simoes, maior de idade; o Ministerio Fiscal non se constituíu en parte.

Decido, que debo absolver e absolvo a Antonio Dacosta Simoes da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en descoñecido paradoiro Antonio Dacosta Simoes, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3153