Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.239

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (160/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 160/1997 se segue xuízo de faltas sobre carencia de seguro no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia, en Santiago de Compostela, 25 de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 160/1997, seguidos por conducción de vehículos a motor carecendo de seguro obrigatorio, é parte denunciante a correspondente autoridade de tráfico, e aparece como parte denunciada Antonio Quiñoy Pandelo, maior de idade, o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido, que debo condenar e condeno a Antonio Quiñoy Pandelo, como autor responsable dunha falta de conducción sen seguro, do artigo 636 do Código Penal a pena dun mes de multa a razón de 300 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arres

tos de fin de semana; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma o denunciado en ignorado paradoiro, Antonio Quiñoy Pandelo, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado.

3060