Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de marzo de 1998, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica acordo de liquidación contido na acta A02 polo imposto de sucesións e doazóns, período 1992.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificarlle a Juan Manuel Ambroa Leiro, con NIF 35445441-A, con último domicilio coñecido en Mirador, nº 16-Abalo-Catoira, xa que a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

Imposto: sucesións e doazóns.

Período: 1992.

Concepto: acta de inspección número 1205.6, modelo A02, por importe de 1.018.358 pesetas, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible: 5.100.000.

Cota s/tarifa: 462.145.

Sanción 70 por 100: 323.501.

Xuros de demora (1): 232.712.

Total débeda tributaria: 1.018.358 pesetas.

(1) 917 días ó 12%: 139.327.

528 días ó 11%: 73.538.

165 días ó 9,5%: 19.847.

O prazo de ingreso en período voluntario contarase a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e segundo establece o artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, será:

a) Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte o inmediato hábil posterior.

b) Os notificados entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte o inmediato hábil posterior.

Forma de ingreso: na caixa desta delegación territorial, rúa Michelena nº 30, en metálico ou cheque conformado. Nos bancos e caixas de aforro que actúan como entidades colaboradoras.

A carta de pagamento correspondente atópase á súa disposición neste servicio de inspección (rúa Michelena 30, 2º, Pontevedra).

Advírtese o contribuínte de que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición perante este servicio de inspección, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Secretaría Delegada de Pontevedra) no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Pontevedra, 30 de marzo de 1998.

Ana Mª Cobián Salgado

Xefa do Servicio de Inspección Tributaria

3169