Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.237

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da División Xeral de Recursos Humanos, pola que se convocan os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais (incluída na convocatoria dos aspirantes a vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias do Sergas, formalizada no DOG número 36, do 23-2-1998, á celebración da proba de aptitude prevista nos criterios de selección do pacto de vinculacións temporais publicado con data do 10-3-1997.

Rematado o pasado 10 de marzo o prazo de presentación de solicitudes en relación coa Resolución do 18 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria dos aspirantes a vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde, vaise proceder á celebración da proba de aptitude para os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais, na data e lugares que a continuación se indican:

Data: 25-4-1998, a partir das 9 horas.

Lugares de exame:

-A Coruña: aula de informática da 7ª planta do hotel de doentes (antiga Escola de Enfermería) anexo ó Hospital Juan Canalejo, r/ Xubias de Arriba, nº 86.

-Lugo: Instituto de Formación Profesional A Piringalla, na rúa Angelo Colocci, s/n.

-Ourense: Escola de Informática de Ourense, Avda. Alfonso Rodríguez Castelao, s/n. As Lagoas.

-Vigo: edificio CACTY. Campus Universitario, As Lagoas Marcosende.

Contido da proba: de coñecementos informáticos, terá carácter teórico-práctico, será tipo test con respostas alternativas, realizarse en soporte informático, co procesador de textos Word baixo Windows.

Os aspirantes deberán acudir co DNI ou documento identificativo que legalmente o substitúa.

Información: nas catro direccións provinciais do Sergas, así como nas xerencias de Atención Primaria das catro provincias, están expostos os listados alfabéticos cos nomes dos aspirantes que deben realizar esta proba de aptitude, en cada un dos tramos horarios establecidos.

Pódese conseguir información adicional chamando ós seguintes teléfonos das direccións provinciais do Sergas:

A Coruña: (981) 18 56 02.

Lugo: (982) 29 69 33-29 69 53.

Ourense: (988) 38 59 35.

Vigo: (986) 81 41 18.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

3248