Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.237

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos de análise económica, do departamento de Análise Económica, a José Méndez Naya.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xuño de 1997 (BOE do 27 de xuño) para a provisión da praza 97/022 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos de análise económica, do departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de José Méndez Naya, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Méndez Naya, profesor titular de universidade da área de coñecemento fundamentos de análise económica, do departamento de Análise Económica, desta universidade.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3264