Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Aprobada polo concello a oferta de emprego público/97, na que se inclúen, entre outras, a praza de policía local, fanse públicas as bases que rexerán no concurso para a súa provisión polo procedemento de oposición libre, aprobadas polo Pleno da Corporación en sesión con data 30 de xaneiro de 1998.

1. Obxecto da convocatoria: é obxecto da presente convocatoria a provisión, polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta pública de emprego para 1997 e encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concertados na correspondente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será os 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade e ó Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos, por supera-las probas selectivas logo de cumpri-los requisitos formais establecidos nesta convocatoria, serán nomeados funcionarios en prácticas e para efectua-lo seu nomeamento como policía local en propiedade, será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

2. Condicións dos aspirantes: para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non supera-los 30 anos no día que remate o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os aspirantes varóns e de 1,65 as aspirantes femininas.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas e Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir clases A, B e BTP.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de portar armas, e se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos deberán ser referidos á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

3. Presentación de instancias: as instancias para tomar parte na oposición serán dirixidas á alcaldesa-presidenta da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo dos vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, sendo admitidas igualmente as presentadas

con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP e no DOG.

As instancias presentaranse directamente no Rexistro de Entrada da Corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias nas que se solicite tomar parte na oposición unirase a seguinte documentación, de conformidade co artigo 24 da Lei 3/1992, do 23 de marzo.

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física (letra h da base 2ª).

d) Compromiso de portar armas (letra I da base 2ª).

e) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, que se fixan en 2.500 ptas.

4. Admisión de aspirantes: rematado o prazo de presentación de instancias, a presidenta da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

As ditas reclamacións se as houber, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada na mesma forma provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal que xulgará as probas, así como o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.

5. Tribunal cualificador: o tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, sendo a súa composición a seguinte:

Presidente: a alcaldesa-presidenta da corporación ou membros desta en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario desta en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia, designado conforme o Decreto 121/1995.

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

O xefe actual da policía local do concello.

Un funcionario de carreira do concello.

A designación dos membros titulares do tribunal, incluirá a dos seus respectivos suplentes. A composición do tribunal farase pública no BOP e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do

dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar se a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso será obrigatoria a asistencia do presidente e secretario, titulares ou suplentes.

O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes bases, así como os casos non previstos nelas.

Tamén poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que consideren pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6. Comezo e desenvolvemento dos exercicios: os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a present convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio no mesmo medio, o día, a hora e o local en que terá lugar.

7. Exercicios da oposición: a oposición compoñerase dos seguintes exercicios.

Primeiro exercicio: antes de inicialo, procederase á talla dos aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo procederase a realiza-la proba psicotécnica que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial que se vai desempeñar. Esta proba cualificarase como apto ou non apto. A declaración de non apto nesta proba supoñerá que o aspirante quederá eliminado, e non poderá continuar coa práctica das restantes probas.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Sato de altura con listón a 1,25 metros os aspirantes masculinos e a 1,10 as aspirantes femininas.

b) Salto de lonxitude con carreira, cun mínimo de 4 metros para os aspirantes masculinos e 3,50 para as aspirantes femininas.

c) Subir por corda lisa ata unha altura de 7 metros.

d) Carreira de 200 metros nun tempo máximo de 30 segundos os aspirantes masculinos e 34 segundos as aspirantes femininas.

e) Carreira de 3.000 metros nun tempo máximo de 17 minutos os aspirantes masculinos e 20 minutos as aspirantes femininas.

f) Carreira de 1.000 metros nu tempo máximo de 3.30 minutos para os aspirantes masculinos e 4 minutos para as aspirantes femininas.

Para a realización das referidas probas que serán realizadas pola orde que resulte do sorteo que se efectúe e que se fará público no momento da convocatoria da práctica das probas, dispoñendo os/as

aspirantes de dous intentos, salbo nas dúas carreiras.

Para seren admitidos á realización deste exercicio os/as aspirantes deberán achegar coa solicitude para tomar parte na oposición, un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo, deberán ser declarados aptos na proba psicotécnica que se realizará antes do comezo do exercicio.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e escrito, estará dividido en tres partes da forma seguinte:

1º. Consistirán en cubrir por escrito un cuestionario de 50 preguntas con respostas alternativas ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria.

2º. Consistirá en cubrir un cuestionario de 30 preguntas sobre coñecementos xerais do termo municipal de Noia e, en especial, xeografía, demografía, entidades, división eclesiástica, electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc.

3º. Esta terceira parte consistirá en situar sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, as entidades de poboación que fixe o tribunal.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% das respostas correctas en cada unha das tres partes, detal xeito que se nalgunha das tres partes algún aspirante con acadase o 60% das respostas correctas, non poderá ser considerado aprobado o exercicio.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e escrito consistirá na redacción dun parte a un superior sobre un suposto relacionado coas tarefas da polícia local, que sinale o tribunal.

Cuatro exercicio: de carácter obrigatorio e escrito sobre coñecemento do idioma galego, cosistente en traducir ó galego un texto que facilitará o tribunal en castelán.

8. Cualificación dos exercicios: a cualificación do primeiro exercicio será a de «apto» ou «non apto», sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificación de «non apto» en calquera das probas físicas elimina o opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

O segundo, terceiro e cuarto exercicios serán igualmente obrigatorios e serán cualificados ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en cada un deles. Con respecto ó segundo exercicio, terase en conta que para superalo cómpre ter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada uunha das partes de que consta.

Para a realización dos exercicios segundo, terceiro e cuarto fíxase como tempo máximo 90 minutos para a súa resolución.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados será a suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

9. Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento: rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que, de acordo, co establecido na vixente lexislación, non poderá supera-lo número de prazas convocados, que neste caso é unha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete facelo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos e que non achegaran xa solicitude.

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado do graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplicario do servicio en ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamete autenticada do permiso de conducir clases A-2, B-1 e B-2.

Quen tivera a condición de funcionario público, estará exento de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da que dependa, que acredita a sua condición e os documentos achegados para o seu anterior nomeamento.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento do aspirante proposto como policía local en prácticas, debendo tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso en situación de cesante e anuladas tódalas actuacións, referentes ós aspirantes que se atopen nesta situación.

10. Incidentes: o tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

11. A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven, poderán ser impugnados polos interesados na forma establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

Programa do segundo exercicio.

1. A Constitución española. Principios xerais.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

3. A Coroa. O poder lexislativo.

4. O Goberno e a Aministración pública.

5. Organización territorial do Estado. A Comunidade Autónoma de Galicia.

6. O municipio. Órganos de goberno. Competencias. Bases do réxime electoral.

7. Funcionarios: conceptos e clases. Dereitos e deberes dos funcionarios. Dereitos económicos. Dereitos sindicais. Réxime disciplinario. Seguridade Social.

8. Delictos e faltas: concepto e clases. Penas. Competencias para o seu axuizamento e procedemento.

9. A seguridade cidadá: idea xeral. Causas da delincuencia. A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

10. A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos da seguridade.

11. A Lei 30/1992, do 23 de marzo, do Parlamento de Galicia sobre a coordinación das policías locais.

12. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, texto articulado da Lei sobre o tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial.

13. Código de circulación, concepto, natureza, fins e definicións.

Noia, 12 de marzo de 1998

Mª Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

3524