Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación da delimitación da unidade de actuación número 13 do PXOU, sita na rúa Pedra do Lagarto-A Parda.

A Comisión de Goberno, por delegación da Alcaldía do 15-7-1996, acordou na sesión do 30-3-1998, prestar aprobación, con carácter inicial, á proposta instada por iniciativa particular por Eugenio Sobral Fernández, actuando en nome e representación de María Cruz Martínez Martínez e os herdeiros de Prudencio Landín Carrasco, e Marco A04, S.L., de modificación da delimitación da unidade de actuación número 13 do vixente PXOU sita na rúa Pedra do Lagarto-A Parda, coa finalidade de regularizar parcelas segundo o plan xeral, diminuíndo a superficie da unidade e incorporando terreos a esta, afectando

a parcelas dos promotores desta proposta, que se fundamenta nun proxecto técnico redactado polo arquitecto Isidoro Callejo Rey, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 20-1-1998.

Neste acto acordouse tamén someter á información pública o expediente e proposta citada, na forma legalmente estblecida, con notificación persoal ós propietarios de terreos incluídos na UA número 13, faise saber que o anuncio lles servirá de notificación ós propietarios que fosen descoñecidos, a aqueles dos que se ignorase o lugar de notificación ou cando intentada esta non puidese practicar.

Durante o prazo de vinte días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Tareixa), e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario general

3529