Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo situado ó SO do illote Insua en ZMT de praia de Triñáns, distrito marítimo de Caramiñal, a prol de Ángel Mariño Hermo e Magdalena García Otero.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para ós efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou accede-lo solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Cultivo: ameixa (fina e babosa) e berberecho.

Localización: ó SO do illote Insua, praia de Triñáns, distrito marítimo de Caramiñal.

Data da concesión: 15-12-1951 (BOE nº 345).

Data de finalización da última prórroga: 20-2-2002.

Anterior concesionario: Josefa Hermo Suárez.

Novos titulares da concesión e parque de cultivo: Ángel Mariño Hermo e Magdalena García Otero.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 25 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

3071