Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución, convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de xullo de 1989 (Diario Oficial de Galicia do 21 de xullo), e do 15 de marzo de 1990 (Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo).

A súa celebración terá lugar no salón de actos da delegación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo, de Ourense.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución- no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contados a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B, coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se celebran ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, consonte ós artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autonóma deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número, e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os resgardos acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B, recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4,5% sobre o importe da adxudicación en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

Cadro anexo ó anuncio de poxa de madeira

Nº de

Expte.

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas ptas.Fianza

provisional

MontePertenzaConcelloNº ElencoMotivoSituaciónEspecieNº pésmcPtas./mcTaxaciónptas.

36034Com. de OímbraChasOímbraOUR-3026LumeE.P.P. Pr.7.7221.174700821.80035.80316.436

37093Malladagrande

Lote 1

Laza e CimadevilaLaza321/5591QuendaE.P.P. Pr.2.4491.3203.2004.224.00064.12784.480

37095Malladagrade

Lote 3

Laza e Cimadevilalaza321/5591QuendaE.P.P. Pr.1.2233503.8001.330.00023.76426.600

Nº de

Expte.

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas ptas.Fianza

provisional

MontePertenzaConcelloNº ElencoMotivoSituaciónEspecieNº pésmcPtas./mcTaxaciónptas.

37096Com. SalgueiraSalgueira e VilazaMonterreiOUR-3038LumeE.P.P. Pr.3241333.000399.00011.3167.980

37101S. Salvador e Sª de MedaInfesta e ParadiñaMonterrei321/5560QuendaE.P.P. Pr.3.9399732.8002.724.40046.20554.488

37104San MamedRebordechaoVilar de BarrioOUR-2017LumeE.P.P. Pr.

P. S.

4.860

312

462

140

1.200

2.400

890.40025.31317.808

37110Com. GudiñaParada da SerraA GudiñaOUR-2063LumeE.P.P. Pr.15.5001.7299001.556.10051.98731.122

37111CentinelasSan LourenzoA GudiñaOUR-3123LumeE.P.P. Pr.262185009.0003.946180

37114Com. RexosendeRexosendeVilardevós321/55131QuendaE.P.P. Pr.7971782.000356.00012.7267.120

37116Salto do CabaloProgoRiós321/55112LumeE.P.P. Pr.158501.90095.0005.7041.900

37121Com. TamicelasTamicelas, Castro e NaveausLazaOUR-2093LumeE.P.P. Pr.946961.00096.0007.6081.920

37122NavalloNavalloLaza321/5589LumeE.P.P. Pr.17.9631.4031.0001.403.00044.56928.060

37123Barreiro e MalladagrandeEirasLaza321/55130QuendaE.P.P. Pr.2.6446972.8001.951.60035.09939.032

38005San TorcuatoAndradeSan Amaro321/5539QuendaE.P.P. Pr.6.7643.5665.00017.830.000209.380356.600

38006S. Salvador e Sª Meda Lte-1Infesta e ParadiñaMonterrei321/5560BorrascaE.P.P. Pr.1.7024902.4001.176.00025.30223.520

38007S. Salvador e Sª Meda Lte-2Infesta e ParadiñaMonterrei321/5560BorrascaE.P.Euc.

P. Pr.

755

5.617

331

1.580

3.000

2.400

4.785.00079.70595.700

38008S. Salvador e Sª Meda Lote-3Infesta e ParadiñaMonterrei321/5560BorrascaE.P.Euc.

P. Pr.

1.339

2.857

591

862

3.000

2.400

3.841.80063.82076.836

38009S. Salvador e Sª Meda Lote-4Infesta e ParadiñaMonterrei321/5560BorrascaE.P.P. Pr.1.7344222.4001.012.80022.76920.256

38010S. Salvador e Sª MedaInfesta e ParadiñaMonterrei321/5560RareoA.P.P. Pr.25.7486662.8001.864.80033.85237.296

38011S. Salvador e Mt. ArribaAlbarellosMonterrei321/5563RareoA.P.P. Pr.15.2304272.8001.195.60024.23623.912

38012S. Salvador e Mt. Arriba Lt-1AlbarellosMonterrei321/5563BorrascaE.P.Euc.

P. Pr.

126

6.118

49

1.861

3.000

2.400

4.613.40078.40092.268

38013S. Salvador e Mt. Arriba Lt-2AlbarellosMonterrei321/5563BorrascaE.P.Euc.

P. Pr.

810

5.280

292

1.405

3.000

2.400

4.248.00071.56084.960

38014Portela de FragaPedrosoRiós321/5511Quenda

Borrasca

E.P.P. S.

P. S.

2.101

1.480

318

205

2.000

1.000

841.00023.42516.820

38015C. TamicelasTamicelas Castro e NaveausLazaOR-2093RareoA.P.P. Pr.7.7812532.500632.50016.66512.650

38016Camiño LadrónAtas e RebordondoCualedro321/5579

OR-2026

DebasaA.P.P. Pr.610342.50085.0004.9701.700

38017TouzaCarraxo e O SantoLazaOUR-2020QuendaE.P.P. Pr.2.0351.0614.0004.244.00059.29784.880

38018San Mamede, 23, Lote-1Castro EscuadroMacedaOUR-2022LumeE.P.P. Pr.

P. S.

1.434

2.640

411

590

2.200

2.000

2.084.20041.94442.684

38019San Mamede, 23. Lote-2Castro-EscaudroMacedaOUR-2022LumeE.P.P. S.4.0041.1752.2002.585.00049.04651.700

38020San Mamede, 23. Lote 3Castro-EscuadroMacedaOUR-2022LumeE.P.P. S.1.7205302.2001.166.00025.99723.320

38021San Mamede, 25. Lote 1BorránVilar BarrioOUR-2017QuendaE.P.P. Pr.2.6291.2884.0005.152.00070.472103.040

38022San Mamede, 25. Lote 2BorránVilar BarrioOUR-2017QuendaE.P.P. Pr.3.5611.9414.0007.764.000102.626155.280

38023MaiorCabreiroáVerínOUR-3004RareoA.P.P. S.588363.000108.0005.2252.160

38024Camiño LadrónRebordondoCualedroOUR-2036BorrascaE.P.P. Pr.1001.000100.0007.8022.000

38025Camiño LadrónAtásCualedro321/5579BorrascaE.P.P. Pr.3001.000300.00015.0766.000

38026PerdigueiroMocelo da PenaSarreaus321/5584BorrascaE.P.P. Pr.3001.000300.00015.0766.000

38027Coto MercedesNocelo e Stª MªCualedro321/5581BorrascaE.P.P. Pr.1001.000100.0007.8022.000

38028C. de FreandeFreandeSarreaus321/55106BorrascaE.P.P. Pr.2001.000200.00012.4024.000

38029Cabezos GaramelosSan LourenzoA GudiñaOUR-3124BorrascaE.P.P. Pr.

Euc.

100

100

800

800

160.00012.1023.200

38030Cabezos GaramelosPentesA GudiñaOUR-3124BorrascaE.P.P. Pr.

Euc.

50

20

800

800

56.0006.2351.120

38031MalladagrandeLaza e CimadevilaLaza321/5591RareoE.P.P. Pr.

P.I.

3001.200360.00015.5267.200

38032Sª San SalvadorInfesta e ParadiñaMonterrei321/5560BorrascaE.P.P. Pr.3001.500450.00016.2019.000

38033Sª do EixeEdreiraA VeigaOUR-2058RareoE.P.P. S.1.6007001.120.00046.23522.400

38034ReboleiraS. Miguel Otero e VilamarínVilamartín de ValdeorrasOUR-2059RareoE.P.P. Pr.300800240.00014.6264.800

38035Cabeza de VilariñoStª. EulaliaPetínOUR-2061RareoE.P.P. S.700800560.00024.72111.200

38036TesteiroVilasedo da SerraViana do BoloOUR-3027BorrascaE.P.P. S.500700350.00019.2987.000

38037InvernadeiroXunta de GaliciaVilariño de ConsoOUR-1034RareoA.P.P. S.1.5001.4002.100.00037.23442.000

3155