Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dun parque de cultivo situado na ría do Burgo, beira esquerda, inmediatamente augas arriba da denominada punta do Docke, A Coruña, a prol de Parque de Mariscos José García Abella, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para os efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecimiento que se relaciona a continuación:

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Cultivo: berberecho (cerastoderma eduis), ameixa babosa (venerupis pullastra), ameixa fina (ruditapes decussata) e ostra plana (ostrea edulis).

Localización: Ría do Burgo, orilla esquerda, inmediatamente augas arriba da chamada punta do Docke, A Coruña.

Data da concesión: 15-3-1921 (BOE nº 71).

Data de finalización da última prórroga: 27-5-2007.

Anterior concesionario: José García Abella.

Novo titular da concesión e parque de cultivo: Parque de Mariscos José García Abella, S.L.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 24 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

3038