Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, a contratación do servicio de restauración de diversos retablos da Catedral de Santiago de Compostela: lote I (capela de Santo André); lote II (capela da Virxe da Prima ou da Nosa Señora da Concepción); lote III (capela da Virxe da Soidade ou do Santo Espírito) e lote IV (capela de Santa Susana ou de San Xoán Apóstolo).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, a contratación do seguinte servicio:

-Restauración de diversos retablos da Catedral de Santiago de Compostela:

-Lote I: capela de Santo André.

-Orzamento de licitación: catro millóns seiscentas oitenta mil pesetas (4.680.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: 93.600 ptas.

-Lote II: capela da Virxe da Prima ou da Nosa Señora da Concepción.

-Orzamento de licitación: catro millóns seiscentas oitenta mil pesetas (4.680.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: 93.600 ptas.

-Lote III: capela da Virxe da Soidade ou do Santo Espírito.

-Orzamento de licitación: dous millóns novecentas sesenta e catro mil pesetas (2.964.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2) meses.

-Garantía provisional: 59.280 ptas.

-Lote IV: capela de Santa Susana ou de San Xoán Apóstolo.

-Orzamento de licitación: tres millóns cento vinte mil pesetas (3.120.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: 62.400 ptas.

-Orzamento total dos catro lotes: quince millóns catrocentas corenta e catro mil pesetas (15.444.000 ptas.), IVE incluído.

-Garantía provisional de catro lotes: 308.880 ptas.

-Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono: (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares; no caso dos licitadores que concorran a máis dun lote, a documentación xeral (sobre A) poderá ser común para tódolos lotes ós que opten.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de

proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

3039