Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/64-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Xuntoira, Sociedad Cooperativa.

Enderezo social: Berrande-Vilardevós, 32000 Vilardevós.

Denominación: C.T. de 630 kVA e L.M.T. LA-56.

Situación: Berrande (Vilardevós).

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 90 m de lonxitude (19 m aéreos e 71 m subterráneos), en conductor LA-56, derivada da L.M.T. de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Vilardevós-Berrande e remate en C.T. tipo interior con 630 kVA, 20.000/380-220 V de Berrande.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3508