Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 1998 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados Nuestra Señora de los Dolores, de Pontevedra, e Niño Jesús de Praga, de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia dos titulares dos centros, no que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados Nuestra Señora de los Dolores de Pontevedra e Niño Jesús de Praga de Vigo.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou

recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la Norma Básica da Edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Enderezo: Rúa Alfonso XIII nº 2 e 12.

Código do centro: 36006705.

Denominación específica: Nuestra Señora de los Dolores.

Titular: Religiosas de Santa Dorotea.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Arenal, 92.

Código do centro: 36010800.

Denominación específica: Niño Jesús de Praga.

Titular: Hijas de la Caridad de San Vicente Paúl.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

3512