Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día tres do mes corrente, adoptou co quórum legal da maioría absoluta, o seguinte acordo de aprobación definitiva da modificación puntual nº 1 do plan parcial de ordenación da actuación industrial A Granxa (Porriño):

a) Aprobar definitivamente a modificación puntual referida.

b) Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo

secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 48 e no 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

e) Comunicarlle á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural este acordo e, así mesmo, que se cumpriron as prescricións determinadas no seu informe con data do 3 de febreiro de 1998.

-Calquera actuación no ámbito da zona arqueolóxica deberá ser autorizada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Debe cumpri-la liña límite de edificación a 25 m ó longo do polígono, e tamén que se respecte a liña límite de edificación a 25 m do ramal do enlace da autovía nas parcelas 260, 262 e 240.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o referido acordo os interesados poden interpoñe-los seguintes recursos:

a) Contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación do presente anuncio.

b) Calquera outro que considere conveniente.

O Porriño, 7 de abril de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

3541