Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

DECRETO.

A Alcaldía deste Concello de Tomiño, e tendo en conta o acordo adoptado en sesión celebrada o día 28-2-1998, respecto de levar a cabo o deslindamento dos predios que de seguido se recollen:

Terreo de propiedade municipal respecto do predio de propiedade de Carlos Álvarez Alfaya:

As características do predio que se vai deslindar son as seguintes:

1. Franxa de terreo de propiedade municipal adxacente a camiño de propiedade muncipal, parroquia de Forcadela, paraxe de Barreiras ou Cumieira.

A superficie deste terreo de propiedade municipal é de 33 m.

As estremas, segundo resulta da documentación que consta no concello, son as seguintes:

Norte: Emilio Verde.

Sur: Carlos Álvarez Alfaya.

Oeste: Carlos Álvarez Alfaya.

Leste: camiño público.

Polo presente decreto e de conformidade co disposto no artigo 60 do vixente regulamento de bens da CC.LL,

RESOLVO:

a) A notificación do expresado acordo tanto ó expresado Carlos Álvarez Alfaya como ó resto dos propietarios lindantes co predio obxecto de deslindamento podendo presenta-los interesados ante a corporación, cantos documentaos se estimasen conducentes á proba e defensa dos seus dereitos ata os 20 días anteriores ó comezo das operacións, os cales se contarán a partir do que faga corenta da publicación do correspondente edicto no BOP e no DOG, advertindo que, transcorrido o devandito prazo, non se admitirán documentos nin alegacións de ningunha clase.

Da documentación que consta no concello ós colindantes co predio que se vai deslindar, á parte do propio Carlos Álvarez Alfaya sería Emilio Verde Rodríguez.

b) Publica-la presente resolución no BOP e no DOG no prazo de polo menos 60 días de antelación á data do inicio das correspondentes operacións, iniciaranse estas o día 10 de xullo de 1998 ás 10 horas no lugar onde se encontran os predios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Tomiño, 11 de abril de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

3462