Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, con data do 30-3-1998, anúnciase a contratación das obras de construcción do campo de fútbol e vestiarios en Carnoedo por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 de la LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adjudica-las obras anteriormente sinaladas, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de construcción de campo de fútbol e vestiarios en Carnoedo.

2. Duración do contrato: tres meses.

3. Tipo de licitación: 12.500.000 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 452.55.60109 do orzamento do exercicio de 1998.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipales, departamento de contratación.

6. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% de orzamento.

9. Presentación de proposións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación.

10. Apertura de proposións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposicións: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 31 de marzo de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

3478