Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle formulado para a reordenación de volumes para a construcción dun edificio na parcela número 63 da Avenida de Vigo esquina á futura avenida paralela a aquela.

O Pleno da Corporación, en sesión do 26-2-1998, aprobou definitivamente o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Promociones Acuña, S.L. e redactado polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón, con visado colexial de 10-10-1997, para a reordenación de volumes para a construcción dun edificio na parcela número 63 da Avenida de Vigo esquina á futura avenida paralela a aquela.

O que se fai público para a executividade del, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contensioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 16 de marzo de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3029