Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

CONCURSO público de méritos para a provisión dunha praza vacante de profesor/a especialista en linguaxe e audición, para o colexio público de xordos Nuestra Señora del Rosario da Coruña, Xunta de Promoción Educativa.

Requisitos básicos: ser funcionario do corpo do profesorado de educación primaria. Estar en posesión do título de profesor/a especializado en técnicas de audición e linguaxe na data de solicitude. Presentar un proxecto sobre planificación da educación do neno xordo en calquera dos ciclos de educación infantil ou de educación primaria/máximo 15 folios mecanografados a dous espacios.

Solicitudes: instancia dirixida ó alcalde-presidente, acompañada dos méritos alegados debidamente xustificados.

Presentación de solicitudes: establécese un prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncioi no Diario Oficial de Galicia.

Méritos:

1. Cada ano de servicio en unidades creadas de audición e linguaxe: 1,50 (ata un máximo de 4,5 puntos).

2. Cada ano de servicios en unidades creadas de educación especial: 1,25 (ata un máximo de 2,50 puntos).

Outros méritos de titulación:

1. Titulación de licenciatura: 1 punto.

2. Titulación de doutoramento: 1 punto.

Outros méritos profesionais:

1. Cursos de formación e congresos sobre a especialidade: 0,25 (ata un máximo de 2 puntos).

2. Especialidade de educación muscical: 2 puntos.

3. Publicacións relacionadas coa especialidade: ata 1,50 puntos.

4. Cursos impartidos, conferencias, seminarios relacionados coa especialidade: ata 1,50 puntos.

Entrevista persoal:

1. Entrevista sobre aspectos organizativos e didácticos do ensino de xordos, de acordo co proxecto presentado: ata 5 puntos.

Notas aclaratorias:

a) Os anos de servicio que se valoren como de audición e linguaxe non se poderán valorar simultaneamente como de educación especial.

b) Os anos de servicio débense acreditar mediante folla de servicios compulsada pola Administración educativa e, no seu defecto, por certificación da administración educativa ou por copia do nomeamento para a unidade certificada por parte do director do centro, co visto e prace da inspección.

c) O resto da documentación presentarase mediante fotocopias compulsadas.

d) A lista dos solicitantes admitidos ó concurso, así como a data da celebración das entrevistas persoais, expoñeranse ó público no Servicio Municipal de Educación, dez días despois da finalización do prazo de entrega de solicitudes.

Resolución: segundo o previsto na Orde do 18 de abril de 1998 (DOG 13-5-1988).

O alcalde

Rubricado

3475