I. Obxecto e orzamento: adquisición de tres negatoscopios motorizados para mamografías, para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, por un importe máximo de 12.500.000 ptas. (IVE incluído).
II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
IV. Prazo de execución: ver apartado 3.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
VI. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
VII. Admisión de variantes: non se admiten.
VIII. Criterios de adxudicación: ver anexo IV ó prego de cláusulas administrativas particulares.
IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/ Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
XI. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos
3481