Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de marzo de 1998, aprobou o prego de cláusulas para concertación dunha operación de préstamo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anun

cio no Diario Oficial de Galicia para que poidan presentarse reclamacións.

Ó mesmo tempo dáselle publicidade á operación para os efectos de que as entidades financeiras presenten as súas ofertas, de acordo coas seguintes condicións:

Importe máximo: 181.000.000 de ptas.

Modalidade do contrato: apertura de crédito.

Período de disposición: ata o 15-6-1999.

Tipo de xuro: variable, con Ref. MIBOR e teito superior fixado no 8% sen comisións.

Amortización: 40 trimestres, contados a partir do 15 de xuño de 1999.

Prazo para presentar ofertas: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 8.30 ás 14.30, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: presentarase en dous sobres pechados.

Sobre A: documentación.

Sobre B: oferta.

E axustados ó modelo que figura no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.

Este anuncio será por conta do adxudicatario da operación.

Carballo, 1 de abril de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde

3015