Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/118-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Chaguazosa-Cádavos.

Situación: A Mezquita.

Descricións técnicas: liña de M.T. A Mezquita-Cádavos-Castromil, aérea, de 9.362 m, a 20/15 kV e conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe no apoio derivación ó C.T. de San Martiño da Mezquita e final no C.T. existente en casera de Castromil. Desde os apoios números 27, 51 e 74 parten dúas liñas aéreas das mesmas caracteríscas e seguintes lonxitudes respectivamente: 50, 1.206 e 284 m, que finalizarán no apoio derivación da liña a Chaguazosa e Esculqueira, no apoio derivación a Manzalvos e no apoio derivación da liña a Castromil. Redes de baixa tensión en Cádavos e Chaguazosa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2882