Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/98-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. de estrada da granxa.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña M.T. subterránea a 20 kV conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, de 540 m de lonxitude, derivada desde a arqueta existente na L.M.T. a C.T. de Lumieira e remata no C.T. proxectado da granxa, na rúa Pena Nofre, de 630 kVA Rel. de Transf. 20.000/380-220 V, e R.B.T.S. proxectada de 390 m.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2883