Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/111-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Mixos, Estevesiños 2ª, 3ª e 5ª fase.

Situación: Monterrei (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV de 125 m de lonxitude, en conductor LA-56, que

deriva desde o apoio número 12 da L.M.T. existente a Vences, e remata no C.T. aéreo proxectado en Mixos, parroquia de Estevesiños, con 50 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V. Liña M.T. aérea a 20 kV, de 236 m de lonxitude en conductor LA-56, que deriva desde o apoio existente coa designación 5/8 da L.M.T. a Vences, e remata no C.T. existente en caseta de Pousa. R.B.T. proxectado ó C.T. de Mixos e R.B.T. proxectada do C.T., existente en caseta, de Pousa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 5 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2888