Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/119-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilamaior.

Situación: Verín.

Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV en conductor LA-56, de 192 m de lonxitude, en apoios de formigón, derivada desde o apoio H.V.H. de entronque ó C.T. existente de Vilamaior, e remata no apoio número 3 con paso aéreo-subterráneo da L.M.T. proxectada a C.T. de Vilamaior. Liña M.T. subterránea, a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x95 Al, de 265 m de lonxitude, derivada desde o apoio número 3 con paso aéreo-subterráneo, e remata no C.T. proxectado a pé de poste en Vilamaior, con 160 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V e rede baixa tensión, de 1.902 m, en conductor R.Z., para Vilamaior.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2881