Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (98/1997-L).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 55/1997, execución 98/1997-L e acumulada, por instancia de Fernando Saavedra Vecino contra a empresa Artesanos Bodegueros de Galicia, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos que no día da data se dictou resolución cunha parte dispositiva que di textualmente: «Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, á maxistrada-xuíza deste xulgado, propón que se declare a insolvencia provisional da empresa denunciada Artesanos Bodegueros de Galicia, S.L., por agora e sen prexuízo, para os efectos desta execución e da acumulada pola cantidade total de 1.408.763 pesetas, da que corresponden 1.023.653 pesetas en concepto de despedimento, arquivándose seguidamente as actuacións, logo das notificacións e anotacións correspondentes.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de 3 días ante este xulgado, contados a partir do seguinte ó da súa notificación Así llo propoño a S.Sª e dou fe. Conforme, a maxistrada-xuíza. Asinado».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia, a fin de que lle sirva de notificación á empresa Artesanos Bodegueros de Galicia, S.L.,

expido e asino a presente cédula na Coruña o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria xudicial

Rubricado

2958