Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (166/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 166/1997, cítase a denunciada Mª Antonio Larralde Echevarría, da que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 28 de abril de 1998 ás 10.25 compareza na sala da audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndolle de que pode ser asistida de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoa de que, de no o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa asuencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o un de abril de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2952