Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (29/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 29/1998-10 por instancia de Teresa Bouzas Veiga contra Herminio González Rodríguez, nas actuacións do cal, en resolución desta data se acordou citar a Herminio González Rodríguez co fin de que o día catorce de maio ás dez trinta horas compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, se non o verifica, recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que se intente valer.

E para que conste e sirva de citación a Herminio González Rodríguez, expido e asino en Santiago o vinte de marzo de mil novecientos noventa e oito.

Rubricado

3129