Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (111/1998-01).

En virtude do acordado na resolución do día da data, dictada no xuízo executivo 111/98, que se segue neste xulgado por instancia da Caja de Ahorros de Galicia, representado pola procuradora Losada Gómez, contra herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé e outros, por medio da presente cédula cítase de remate os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé, falecido o día 21 de abril de 1997 nos Ánxeles, Brión (A Coruña) e casado en primeiras nupcias con María Luisa Pedrouso Montero, para que no termo de nove días compareza en autos e se opoña á execución se lle convén, coa prevención de que, de non facelo no prazo indicado, será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións que as que a lei determine.

E para que lles sirva de citación do remate ós herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire

Tomé, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o doce de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2844