Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica laudo arbitral correspondente á demanda instruída pola Xunta Arbitral de Transports de Galicia, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente XA 52/1997).

Pola presente cédula notifícaselle ó demandado cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo desta cédula, o laudo arbitral dictado pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaído no expediente que se cita no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de diciembre, de arbitraxe, procesando, se é o caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos e supostos previstos no artigo 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59. 4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: XA 52/1997.

Demandante: Transportes Joti, S.L.

Demandado: Transportes Bolado, S.A.

Último enderezo coñecido: Rodríguez, 11 39002 Santander.

Feitos demanda, data: non pagameto de transporte correspondentes a servicios prestados en xaneiro e febreiro de 1997.

Contía demanda: 479.933 ptas. máis xuros legais.

Data vista xunta arbitral: 26 de xaneiro de 1997, 17.30 horas.

Lugar: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes. Polígono As Fontiñas, edificio Área Central, Praza Europa 5, 2º A, Santiago de Compostela. Estimada a reclamación.

2955