Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, que se van realizar entre o 1 de xaneiro de 1998 e o 30 de xuño de 1998.

Por orde da Consellería de Educación do 29 de xullo de 1997 (DOG do 18 de setembro), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no apartado décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares que se van desenvolver entre o 1 de xaneiro de 1998 e o 30 de xuño de 1998, ós centros que figuran relacionados no anexo I. Neste anexo tamén figuran os centros que renunciaron á axuda concedida antes da publicación no DOG. Os centros en reserva figuran no anexo II e o centro excluído figura no anexo III.

Segundo.-O pagamento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente a esta dirección xeral, que o fará chegar á Axencia Nacional Sócrates.

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo pagamento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán orixinal e copia da memoria descritiva do Proxecto Educativo

Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimiento dos obxectivos programados, o número de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo elementos de análise por parte dos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual.

A memoria deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E, no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Certificado do director do centro que exprese que quedou cumprida a finalidade que motivou a concesión da axuda.

3.2.2. Certificación do consello escolar sobre a aplicación dada á axuda recibida, que substituirá os xustificantes orixinais, que quedarán en poder dos centros á disposición do Tribunal de Contas e da Intervención Xeral da Administración do Estado para a realización das comprobacións oportunas no ámbito das súas respectivas competencias.

3.2.3. Ficha financeira segundo o modelo que a Axencia Nacional Sócrates lle enviará ó centro seleccionado xunto co contrato.

A citada xustificación económica deberá remitirse ó enderezo da Axencia Nacional Sócrates, sinalado no apartado cuarto 3.1., e dentro do prazo marcado no mesmo apartado.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida de acordo co disposto nestas bases comportará o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer consonte os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra a resolución de adxudicación, os centros interesados poderán interpoñer no prazo dun mes, recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Oitavo.-A presente resolución entrará en vigor o día siguiente o da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Proxectos seleccionados

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísAxuda lingua

IES Fraga do EumeA CoruñaProblemática medio ambiental: posibilidades turísticasFranciaRenuncia

IB o PorriñoPontevedraUnha comarca galega, unha comarca bretonaFrancia2475

EFA FonteboaA CoruñaEstudio da rexión e perfeccionamento lingüísticoPortugal1350

IES A SangriñaPontevedraAchegamento á cultura irlandesaIrlandaRenuncia

Colexio FingoiLugoGalicia Bretaña no mundo celtaFrancia2475

IES A FarixaOurenseIntercambio: eixe motivadorFrancia1778

IB BoiroA CoruñaOrixes celtas comúns a Bretaña e GaliciaFrancia1650

IES PontepedriñaA CoruñaIdentidade e diversidade europeaAlemañaRenuncia

IES Isidro Parga PondalA CoruñaEstudio comparativo da industria en tres rexiónsFrancia1394

Colegio Apóstol SantiagoPontevedraFrancia. Unha lingua. Unha culturaFrancia1458

IES TomiñoPontevedraAs rutas do camiño de Santiago en Auvergne e GaliciaFrancia2475

IES BoiroA CoruñaAs nosas dúas rexións, A Barbanza e MontbéllardFrancia825

IES MonelosA CoruñaO camiño de Santiago: identidade europea medievalFrancia2290

IB MugardosA CoruñaRacism: comparative study trhough greek and spanish historyGrecia4650

IFP BetanzosA CoruñaAchegamento de dúas realidadesItalia3250

IB Santa IrenePontevedraTraballo interdisciplinarFrancia2475

IES CacheirasA CoruñaGalicia e Bearn: dous pobos unidos a través do su folcloreFrancia2475

EFA A CancelaPontevedraGalicia e Bretaña: apertura ó espacio europeoFrancia2475

IB Julio Prieto NespereiraOurenseCuarto intercambioReino Unido1700

IB Eduardo PondalA CoruñaO viño de Burdeos na construcción de EuropaFrancia2475

IES San MamedeOurensePlan de desenvolvemento económico para zonas ruraisFrancia1650

IES Río CabeLugoGalicia-Bretaña: afinidades e diferenciasFrancia1650

IES Daviña ReyLugoGalicia-Bretaña: afinidades e diferenciasFrancia1650

IES A PinguelaLugoGalicia-Bretaña: afinidades e diferenciasFrancia1145

IES Pedra da AugaPontevedraDiferentes na igualdadeFrancia1842

IESP AllarizOurenseAllariz-La Ferte. Dous pobos, dúas historiasFrancia2475

IB Álvaro CunqueiroPontevedraVida cotiá, cultura e ocioFrancia1906

IB Almirante Salvador MorenoPontevedraA romanización en Borgoña e GaliciaFrancia2290

IB Val Miñor. NigránPontevedraRecursos naturais, medio ambiente e formas de vidaSuecia3923

EFA PiñeiralA CoruñaEstudio lingüístico do Val do LoiraFrancia953

IB Rosais IIPontevedraProxecto lingüístico cultural de inmersión europeaReino Unido2300

IB O CoutoOurenseIntercambio lingüístico culturalFrancia2475

IB San Tomé do FreixeiroPontevedraProducción vitivinícolaFrancia1842

IES Vilar PonteLugoDescubrir Gran BretañaReino Unido3500

IB CastelaoPontevedraSupera-las fronteiras a través da comunicaciónPortugal1230

IPFP Politécnico OurenseOurenseBretaña: rexión afastada, rexión irmáFrancia1202

IES Eduardo Blanco AmorOurenseGalicia-Bretaña, rexións irmánsFrancia2411

IB República O. do UruguaiVigoEuropa/2Alemaña2330

ANEXO II

Proxectos en lista de reserva

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísNº suplente

IB R. Oriental do UruguaiPontevedraO camiño de Santiago e a vía FrancíxenaItalia1

Colexio Apóstolo SantiagoPontevedraVigo-Canterbury, dúas cidadesGran Bretaña2

EFA FonteboaA CoruñaEstudio da rexiónFrancia3

IB MelideA CoruñaVisita preparatoriaDinamarca4

ANEXO III

Proxectos excluídos

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísMotivo exclusión

EFA A CancelaPontevedraVisita preparatoriaFranciaSolicita

simultaneamente PEC

3422