Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de marzo de 1998 pola que se convocan licencias por estudios para o curso 1998-1999 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 55 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora de ensino, citando entre estes factores a cualificación e formación do profesorado.

A súa vez a citada lei, no seu artigo 56, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros. Indica que, periodicamente, o profesorado deberá realizar actividades de actualización científica, didáctica e profesional nos centros docentes, en institucións formativas específicas, nas universidades e, no caso do profesorado de formación profesional, tamén nas empresas.

A mesma lei mencionada, na disposición adicional terceira, indica que as administracións educativas, co fin de asegura-la necesaria calidade do ensino, proverán os recursos necesarios para a inclusión nos plans institucionais de formación permanente do profesorado de licencias por estudio ou outras actividades para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

No momento actual de implantación xeneralizada do novo sistema educativo, cobra unha especial importancia e urxencia a formación do profesorado a través de períodos longos nos que se reforce, complete ou actualice a súa formación inicial. Nalgúns colectivos a formación programada a través de cursos curtos e puntuais non parece suficiente, polo que se considera conveniente ofertar esta modalidade de formación de máis longa duración para favorecer que os profesionais amplíen a formación na súa especialidade e incluso acaden unha titulación nova, especialmente naqueles casos nos que é esixida pola nova normativa.

Por todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Convocatoria

Primeiro.

Convócanse licencias por estudios para o curso 1998-1999, dirixidas a funcionarios docentes que pertenzan ós corpos detallados no seguinte apartado, destinados actualmente e durante o próximo curso 1998-1999 en centros docentes, en equipos de orientación e en centros de recursos de centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as con

dicións, a distribución por corpos e modalidades que se establecen e relacionan no anexo I desta orde.

Candidatos

Segundo.

Os corpos ós que se refire o apartado precedente son os que se detallan a continuación:

1. Mestres.

2. Profesores de ensino secundario.

3. Profesores técnicos de formación profesional.

4. Profesores de artes plásticas e deseño.

5. Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

6. Catedráticos de música e artes escénicas.

7. Profesores de música e artes escénicas.

8. Profesores de escolas oficiais de idiomas.

9. Corpos e escalas docentes declaradas a extinguir.

Condicións

Terceiro.

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestando servicios ininterrompidos durante os cursos 1996-1997 e 1997-1998 e no 1998-1999 seguir tendo destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ter, como mínimo, cinco anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos e escalas ás que se alude no punto primeiro desta orde, dos que, cando menos, tres fosen exercidos no corpo actual. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

3. Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto na base décimo primeira 2 da presente convocatoria.

4. Non estar destinado en adscrición temporal no exterior durante o curso 1997-1998 nin durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto na base décimo primeira. 2 da presente convocatoria.

5. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutorio no período de desfrute da licencia por estudios.

6. Obter como mínimo catro puntos no apartado 1.2 do baremo que figura no anexo IV a esta convocatoria ou, no caso da modalidade 6 para o corpo de mestres, ser seleccionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para realizar algún dos cursos de especialización que, en convenio coas universidades, convoque para funcionarios do devandito corpo e de acordo co baremo específico que en cada convocatoria de cursos se estableza.

7. Non ter desfrutado de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agás os funcionarios do corpo de mestres que resulten seleccionados para realizar algún dos cur

sos de especialización ós que se alude no apartado anterior.

Solicitudes e documentación

Cuarto.

Os candidatos ás licencias por estudios que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e segundo o procedemento establecido no punto sétimo, agás os que opten ás da modalidade 6 para o corpo de mestres, que non deberán presentar solicitude nin documentación ningunha nesta convocatoria.

Quinto.

Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VII, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 31 de agosto ou o 30 de setembro de 1998, segundo se trate de funcionarios do corpo de mestres ou do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e funcionarios dos corpos e escalas declaradas a extinguir.

2. Esquema da tese de doutoramento ou proxecto de estudios que se pretenda realizar durante o período da licencia, segundo o contido no anexo III. Unicamente se poderá solicitar unha das modalidades.

3. No caso de solicitudes de licencias por estudios para obter por primeira vez o título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, deberá presentarse promesa ou declaración xurada de non obter previamente unha titulación equivalente.

4. No suposto de licencia por estudios para obter unha segunda licenciatura deberá presentarse promesa ou declaración xurada de non obter previamente dúas titulacións equivalentes.

5. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

6. No caso das licencias por cuadrimestres (modalidades 4 e 5) deberase expecifica-lo cuadrimestre que se prefire; de non facelo, adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

7. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

8. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que aleguen fóra do prazo ó que se refire a base sexta da presente convocatoria.

Prazo de presentación

Sexto.

As solicitudes, xunto coa documentación expresada anteriormente, deberán presentarse no prazo de quince

días naturais, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da inspección

Sétimo.

Na mesma data de presentación da documentación citada no punto anterior, por separado e na mesma oficina receptora, o profesorado que solicite licencia deberá presentar, dirixida ó Servicio da Inspección de Educación da delegación provincial correspondente, a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde, co fin de que o servicio de inspección emita o informe correspondente de acordo co anexo VI a esta orde.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estudios (anexo II).

Oitavo.

1. Vistas as solicitudes, os servicios de Inspección de Educación emitirán informe segundo o modelo recollido no anexo VI da presente convocatoria. O dito informe deberán remitilo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos quince días naturais seguintes ó da presentación da documentación aludida no punto sexto.

2. O dito informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

O informe dos profesores solicitantes que estean destinados en comisión de servicios adaptarase tendo en conta as funcións que desenvolven, se é o caso.

3. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos, segundo se especifica no apartado 2.2 do anexo IV.

Comisión de selección

Noveno.

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, ou persoa en quen delegue que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa, ou persoa en quen delegue.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-Catro membros da Inspección de Educación.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Persoal

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos apartados 1, 2 e 3 do baremo do anexo IV. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Resolución da convocatoria

Décimo.

A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria e tendo en conta, ademais, os seguintes criterios prioritarios, para efectos de outorga-la puntuación correspondente:

a) Na modalidade 1 (teses de doutoramento) terase en conta como criterio prioritario a súa relación con algunha das áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria ou materias do bacharelato, así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía. Excluiranse automaticamente, aquelas teses de doutoramento que non se atopen na fase final da súa elaboración, polo que a persoa que dirixe a tese deberá xustificar que a súa presentación, para a súa defensa, se realizará durante o período da licencia.

b) Nas modalidades 2, 3 e 4 (primeira licenciatura, enxeñería ou arquitectura; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica; segunda licenciatura, enxeñería ou arquitectura) daráselles prioridade a aquelas solicitudes relacionadas con algunha das distintas áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria, materias do bacharelato ou módulos dos ciclos formativos así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.

Excluiranse os solicitantes que no momento de presenta-la documentación:

1. Teñan só pendente unha ou dúas materias para remata-la licenciatura, enxeñería ou arquitectura; primeira diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica.

2. Teñan pendente para rematar un curso completo ou número equivalente de materias e tres ou máis. Para estes efectos consideraranse superadas tódalas materias das que o solicitante estea matriculado no momento de presenta-la documentación ata un máximo dun curso completo.

Considerarase como unha materia aquela que ten a duración dun curso académico ou entre doce e quince créditos. A comisión poderá face-las equivalencias de acordo coa duración na súa.

c) Na modalidade 5, licencias de proxectos, estes centraranse en traballos de investigación directamente relacionados co ámbito de traballo docente dos solicitantes e coas necesidades derivadas da implantación do novo sistema educativo, e que se realizarán, preferentemente, sobre algún dos seguintes temas:

-Organización de centros.

-Atención á diversidade.

-Área de tecnoloxía da ESO.

-Aplicación das novas tecnoloxías na escola.

-Orientación educativa, psicopedagóxica e profesional.

-Temas transversais ó currículo no ensino non universitario.

-A dirección dos centros docentes.

No caso en que o proxecto de investigación ou innovación, nesta modalidade, o realice un equipo só poderá dispoñer de licencia retribuída o/a coordinador/a deste.

A elaboración do proxecto deberá facerse segundo se indica no anexo III.

d) Na modalidade 6, para funcionarios do corpo de mestres, as licencias por estudios concederánselles automaticamente ós funcionarios do corpo citado que resulten seleccionados para participar nos cursos de especialización que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoque en convenio coas universidades, de acordo co baremo específico que en cada convocatoria se estableza, e polo período de duración da fase presencial, facendo constar ámbolos dous extremos na resolución da convocatoria dos correspondentes cursos.

A comisión poderá convoca-los interesados para a realización dunha entrevista.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1.2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2.1 do baremo.

En ningún caso poderá superarse o número total de licencias anunciado, respectivamente, para o profesorado numerario dos corpos que imparten ensinanzas de bacharelato, formación profesional, artísticas e idiomas e para o corpo de mestres.

2. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, abríndose un prazo de sete días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estudios perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo primeiro.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez comprobado que os candidatos reúnen os requisitos establecidos na presente convocatoria, publicará a resolución definitiva de licencias por estudios no Diario Oficial de Galicia, expedindo, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

1. Unha vez resolta a presente convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, salvo casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. No caso de que un profesor obtivese simultaneamente un posto en réxime de comisión de servicios, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria concederá a licencia ou a comisión atendendo ás necesidades do servicio.

3. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses, desde a data do remate da súa presentación.

Períodos de duración das licencias por estudios

Décimo segundo.

O período improrrogable de duración das licencias dun curso completo será, como máximo, do 1 de setembro de 1998 ó 31 de agosto de 1999, para o profesorado de educación infantil, educación primaria e as súas modalidades, e desde o 15 de setembro de 1998 ó 14 de setembro de 1999, para o profesorado de ensino secundario e de ensinanzas do réxime especial.

Nas licencias cuadrimestrais da modalidade-4 a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

1. Para o profesorado de educación infantil, educación primaria e as súas modalidades:

-Primeiro cuadrimestre do 1 de setembro de 1998 ó 14 de febreiro de 1999.

-Segundo cuadrimestre do 15 de febreiro de 1999 ó 30 de xuño de 1999.

2. Para o profesorado de ensino secundario e do réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre do 15 de setembro de 1998 ó 14 de febreiro de 1999.

-Segundo cuadrimestre do 15 de febreiro ó 30 de xuño de 1999.

Nas licencias cuadrimestrais da modalidade-5 a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

1. Para o profesorado de educación infantil, educación primaria e as súas modalidades:

-Primeiro cuadrimestre do 1 de setembro de 1998 ó 31 de decembro de 1998.

-Segundo cuadrimestre do 1 de xaneiro de 1999 ó 30 de abril de 1999.

-Terceiro cuadrimestre do 1 de maio de 1999 ó 31 de agosto de 1999.

2. Para o profesorado de ensino secundario e do réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre do 15 de setembro de 1998 ó 14 de xaneiro de 1999.

-Segundo cuadrimestre do 15 de xaneiro de 1999 ó 14 de maio de 1999.

-Terceiro cuadrimestre do 15 de maio de 1999 ó 15 de setembro de 1999.

Cando a licencia por estudios fose solicitada para poder desfrutar dunha bolsa concedida por algún organismo oficial, e o período de duración non coincida co do curso académico 1998-1999, poderá autorizarse o desfrute desta durante doce meses consecutivos, sen pasar, en ningún caso, a data do 31 de decembro de 1999, e sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Documentación xustificativa

Décimo terceiro.

Ó longo do período de licencias por estudios, os profesores beneficiarios presentarán perante o Servicio de Formación do Profesorado da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte documentación:

1. Para a modalidade 1 enviarase entre o 16 e o 31 de marzo resumo do traballo realizado ata esa data.

2. Para as modalidades: 2, 3 e 4 enviarase:

a) Durante o mes de outubro de 1998, orixinal ou fotocopia compulsada do resgardo da matrícula no centro no que se realizarán os estudios e pagamento das taxas dela.

b) Para as modalidades: 2 e 3 certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor referido ata o 15 de marzo de 1999 que se remitirá entre o 16 e o 31

do dito mes, ou declaración xurada de non ter clases presenciais, se é o caso.

c) No caso da modalidade 4 ó ser cuadrimestral, certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor, ou declaración xurada de non ter clases presenciais, sé o caso, que se enviará do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia.

d) Para a modalidade 5 ó ser cuadrimestral, enviarase do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia, resume do traballo realizado ata esa data.

3. No prazo dun mes, contado desde a finalización do período da licencia por estudios e como documentación xustificativa dela:

Para a modalidade 1: orixinal ou fotocopia compulsada do xustificante de ter depositada a tese para a súa lectura.

Para as modalidades 2, 3 e 4: certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada dos estudios realizados.

Para a modalidade 5: un orixinal do proxecto realizado.

4. Quedan excluídos da obriga de presenta-la documentación solicitada nos tres apartados anteriores os funcionarios do corpo de mestres ós que se lles conceda licencia pola modalidade 6 para realizar cursos de especialización.

5. Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das licencias, reunirase a comisión para face-la avaliación delas. O resultado acadado comunicaráselle ós interesados por escrito.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados

Décimo cuarto.

Durante o tempo de duración da licencia por estudios os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Décimo quinto.

A concesión de licencias por estudios implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Décimo sexto.

O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á rescisión da licencia por estudios ou á posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento

Décimo sétimo.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional efectuará o adecuado seguimento e control dos estudios e traballos que se realicen durante o período da licencia, e poderá solicitar directamente, a través de entrevista, ou por medio da Inspección Edu

cativa, informes e datos dos interesados, en calquera momento, tendo estes a obriga de facilitalos.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispoñerá das memorias e dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Os autores para poderen publicar pola súa conta os devanditos traballos, deberán contar coa autorización previa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, e facer constar na correspondente publicación que o traballo foi realizado durante unha licencia por estudios retribuída pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta mención figurará tanto no caso de que a publicación do traballo sexa total como parcial.

Co fin de que as investigacións poidan ser coñecidas polo profesorado e na medida que a súa difusión poida contribuír á mellora do ensino, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria porá á diposición dos centros que o soliciten os devanditos traballos.

Retirada de documentación

Décimo oitavo.

Durante o mes de decembro de 1998, os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (rúa San Lázaro, 107, Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdéndose todo dereito sobre ela.

Décimo noveno.

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Vixésimo.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1998

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional

ANEXO I

Distribución das licencias por estudios que se convocan para o curso 1998-1999 segundo as modalidades e corpos ou escalas do profesorado:

ModalidadesTódolos corpos

agás mestres

Corpo de

mestres

1. Teses de doutoramento

(Curso completo)

33
2. Primeira licenciatura, enxeñería ou arquitectura

(Curso completo)

830
3. Primeira diplomatura, enxeñería ou arquitectura

técnicas

(Curso completo)

10
4. Segunda licenciatura, enxeñería ou arquitectura

(Cuadrimestral)

5(10)
5. Proxectos

(Cuadrimestral)

14(28)25(50)
6. Cursos de especialización80(240)
Totais40138

ANEXO III

ESQUEMA DO CONTIDO DO PROXECTO DE ESTUDIOS E DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA, SEGUNDO O CASO

Modalidade:

1. Teses:

1. Título da tese.

2. Informe da persoa que a dirixe, no que se especifique a data do comezo do traballo e que este se atopa na fase final da súa elaboración, e deberá xustificar que a presentación dela, para a súa defensa, se realizará durante o período da licencia.

3. Traballo xa realizado.

4. Traballo que realizará durante o período da licencia.

5. Certificación académica de ter aprobados os créditos correspondentes á tese de doutoramento.

6. Certificación do departamento no que estea inscrita a tese.

2. Primeira licenciatura, enxeñería ou arquitectura:

1. Escrito no que se especifique claramente as materias que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería ou arquitectura, concretando a que curso pertencen.

2. Certificación académica orixinal do curso 1997-1998, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura, enxeñería ou arquitectura que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 1997-1998.

3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país, teléfono.

3. Primeira diplomatura, enxeñería ou arquitectura técnicas:

1. Escrito no que se especifique claramente as materias que lle faltan para obte-la diplomatura, enxeñería ou arquitectura técnicas, concretando a que curso pertencen.

2. Certificación académica orixinal do curso 1997-1998, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á diplomatura, enxeñería ou arquitectura técnicas que solicita, na que conste, se é

o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 1997-1998.

3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país, teléfono.

4. Segunda licenciatura, enxeñería ou arquitectura:

1. Escrito no que se especifique claramente as materias que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería ou arquitectura, concretando a que curso pertencen.

2. Certificación académica orixinal do curso 1997-1998, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura enxeñería ou arquitectura que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 1997-1998.

3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país, teléfono.

5. Especificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

5. Proxectos:

Presentarase un proxecto sobre o estudio ou traballo que se vai realizar durante o período da licencia no que se explicitarán:

-Participante/s. Datos persoais e profesionais.

-Breve descrición do traballo qie se vai realizar: xustificación, obxectivos, contidos e metodoloxía que se empregará. No caso de que xa existise un traballo persoal (ou de equipo) previo, en relación co proxecto que presenta, indicará a fase na que se atopa.

-As fases do traballo ou estudio. Temporalización prevista.

-Os traballos ou investigacións que leven consigo unha actuación en centros docentes ou noutras institucións públicas ou privadas, xuntarán certificado de conformidade da dirección do centro/s co visto e prace da Inspección Educativa, ou autorización dos responsables das institucións, se é o caso.

-O proxecto terá unha extensión máxima de 20 páxinas.

-Expecificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

ANEXO IV

Méritos

Puntos por curso ou actividadeTotal puntos máximo

Documentos

1. Proxecto de estudios ou traballo.

1.1. Pola concesión da bolsa para a realización do traballo que se presenta.

1.2 Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na especialidade ou materia que se imparte.

Para as modalidades 1, 2 e 3, se é o caso, a puntuación outorgarase do seguinte xeito:

-Curso completo ou número de materias equivalente.

-Curso completo ou número de materias equivalente menos outra materia.

-Curso completo ou número de materias equivalente máis outra materia.

-Curso completo ou número de materias equivalente menos dúas materias.

-Curso completo ou número de materias equivalente máis dúas materias.

-Curso completo ou número de materias equivalente menos tres materias.

Nota.-A media entre 12 e 15 créditos é 13,50, que é o que se considera unha disciplina ou materia, de duración dun curso académico, tendo en conta o apartado décimo b. 2 da orde de convocatoria.

-A suma do número de créditos dividido entre 13, 50, dá o número de materias ou disciplinas.

3

10

7

6

5.5

5

4.5

4

Documentos xustificativos da concesión da bolsa.

O solicitado para cada modalidade no anexo III.

2. Méritos docentes:

2.1.Servicios docentes ......

2.1.1.Por cada ano de servicios como funcionario de carreira:

2.1.2.Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida:

2.1.3.Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado:

2.2. Informe do servicio de Inspección de Educación. Ata...........

1 punto por ano completo.

0,20 puntos por ano completo.

0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro que pode ser máis de nove meses).

Por estes tres subapartados ata 10 puntos

3

Folla de servicios certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira (non o título de mestre, diplomado ou licenciado).

3. Actividades de formación permanente:

3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,50 puntos por actividade como máximo ..................

Nota.-Para os titores de prácticas de mestres, do ICE e das universidades (prácticas de psicopedagoxía ou similar) puntuarase 0,25 puntos por cada ano

3.2.Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo

3.3.Cursos de lingua galega:

3.3.1.Especialización

3.3.2.Perfeccionamento

3.3.3.Iniciación

(Nota: non acumulables entre si)

Ata 25 h 0,10 p

de 26 a 50 h 0,20 p

de 51 a 75 h 0,30 p

de 76 a 100 h 0,40 p

máis 100 h 0,50 p

Ata 25 h 0,05 p

de 26 a 50 h 0,10 p

de 51 a 75 h 0,15 p

de 76 a 100 h 0,20 p

máis 100 h 0,25 p

4

2

1,5

1

0,5

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:

4.1. De carácter disciplinario: máximo 1 punto por traballo

4.2. De carácter pedagóxico e didáctico: máximo 1 punto por traballo

Nota.-A puntuación de cada publicación divídese polo número de autores.

Por libro 0,50 p

Libro especdo 1 p

Revista espcda 0,50 p

non espcda 0,50 p

Video ou cassete especializado..... 0,50 p

5

5

Exemplares orixinais correspondentes avalados por organismos públicos, nos que conste o ISBN se son libros ou ISSN se son revistas.

5. Méritos académicos:

5.1.Título de doutor:

5.2.Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado:

5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia:

2 puntos

2 puntos

0,25 puntos

4

4

1

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudios, se é o caso.

3271